5 tips para traballar ca breadboard
Prototipo en Breadboard: Cando comezo un novo deseño, o primeiro que fago é probar as partes do meu circuíto nunha placa destas, e quería compartir o que levo aprendido para que non cometades os mesmos erros ca min:
1º Comprade material de probas fiable, tanto as fontes de alimentación, polímetros e cables, o obxectivo e que as vosas probas non fallen por uns cables de moi baixa calidade que se rompan cada dous por tres, que o polímetro non mida ven as tensións ou o BEEP de continuidade non funcione correctamente.
Protéxete da polaridade inversa
A protección contra a polaridade inversa por se non o sabedes, e o que prevén de queimar os nosos circuítos se confundimos os cables de cor vermello e negro, aínda que parece unha chorrada se deseñas un aparato que ten que instalar outra persoa e moi común que poida pasar, que na túa placa non estea ben identificada a polaridade, unha confusión no código de cores dos cables ou que a persoa encargada de instalar teña que ir a toda hostia por que o prazo e moi curto, polo que sexa hai moitas razóns para que se de esta catástrofe.