5 tips para traballar ca breadboard
Prototipo en Breadboard:
Cando comezo un novo deseño, o primeiro que fago é probar as partes do meu circuíto nunha placa destas, e quería compartir o que levo aprendido para que non cometades os mesmos erros ca min:
1º Comprade material de probas fiable, tanto as fontes de alimentación, polímetros e cables, o obxectivo e que as vosas probas non fallen por uns cables de moi baixa calidade que se rompan cada dous por tres, que o polímetro non mida ven as tensións ou o BEEP de continuidade non funcione correctamente.
2º Ter un “almacén” de compoñentes amplo e ordeado vainos dar moita mais seguridade usar compoñentes o mais parecidos posibles ao deseño final por iso vale a pena ter varios tipos de transistores, operacionais ou reguladores, tamén iredes enchendo a vosa colección cas sobras de traballos que fagades mais é moi importante que todo isto estea organizado dun xeito coherente xa que imos ir moito mais rápido se sabemos onde atopar o que necesitamos.
3º Compoñentes compatibles cas breadboard, isto é usar por exemplo resistencias de ½ watio xa que o alambre e do grosor correcto para que faga contacto nos terminais da breadboard e non baile, se mercamos este kit de 1000 millóns de resistencias de ¼ de watio de 1500 valores distintos pero non temos a seguridades de que fan bo contacto na placa de pouco nos vale tal cantidade de resistencias, no caso doutros compoñentes como transistores ou potenciómetros pode pasar o contrario, que as patas sexan moi anchas e podamos romper a placa forzando mais da conta.
4º Limitar a corrente da fonte de alimentación, isto non o vas a aprender ata que queimes integrados caros que pagas do teu peto aínda así por favor lembrádevos da roda que hai ao lado do axuste de tensión que pon Current.
5º Usar cores e cable unifilar, ponlle o negro a masa, o vermello as alimentacións e cores varios as outras señais, deste xeito dunha ollada comprobas se esta todo ben conectado, eu recomendo cable unifilar de 0,5mm^2 cun pelacables (este último o mais caro posible, pero o das ferramentas o falamos outro día) por que nos vai facer a vida mais sinxelo non ter que estañar todas as puntas e a rixidez do cable unifilar fai que poidas dobralo e darlle a forma que ti queiras.
Queria compartir estas recomendacións por que para mi son moi utiles, e levoume o seu tempo darme conta, vos animo a que probedes todas as opcions que exiten agora de usar a breadboard e poidades sacar as vosas propias conclusións.