Comezamos cun Multimetro!!🚀
Comezando un novo proxecto!!
Hoxe volveume a idea de facer un multímetro, fai tempo que tiña este proxecto na cabeza, pero non estaba seguro de que os circuítos que eu pensara foran realmente unha boa opción pero hai uns dias chegáronme compoñentes dunha compra que fixera para ter un stock decente, cousas básicas rollo MOSFETs, BJTs, OPamps, Reguladores de tensión e demais integrados que me pareceron interesantes no seu dia. E con todo iso vexo que podo probar un par de opcións dos circuítos que tiña pensado e así facer unhas PCB con algo mais de seguridade.
Plánteo facer un multímetro sinxelo para despois, se me interesa poder ir ampliando as súas funcionalidades, polo que pensei nunhas características mínimas que se adecúan as medidas que eu fago:
- Voltímetro cun rango de -20 a +20 V cun erro do 2%
Pouco que explicar aquí, penso que é un rango suficiente para case todos os meus proxectos.
- Ohmnimetro cun rango de 10 Ohm a 1 MOhm cun erro do 5%
O mesmo que no caso do voltímetro.
- Alimentación por pila de 9V
Utilizo a pila de 9V por que é o que vexo en todos os multimetros que usei, queda para seguintes ampliacións usar algunha batería LiPo.
- Tamaño mais pequeno de 100x100 mm
Ten que ser mais pequeno dos 100x100mm polo feito de ser algo que podemos levar dun lugar a outro e ademais por que é o limite que me impón o fabricante das PCBs.
- Calibración
Unha característica que penso indispensábel en calquera aparato de medida para obter uns valores reais ao longo da súa vida útil.
Agora que xa sei o que quero facer, imos ver as ideas que teño na cabeza sobre os distintos bloques que van a compoñer este aparato, deste xeito nos vindeiros post iremos afrontando cada un deles por separado.
O bloque central vai ser un uControlador, tiña pensado facelo cun STM32 polo feito de que no provedor de PCB que uso non te aplican cargos extras por soldalo, hai un par de modelos interesantes con periféricos para comunicación USB e STMi ten moi boa documentación e moitas Application Notes para non cagala implementando os seus periféricos.
E falando de non cagala cos periféricos, temos o bloque mais importante do multímetro, que é o circuíto de instrumentación que acondiciona a sinal analóxica para o noso ADC , o bloque estará dividido en varios sub-bloques (espero que non moi grandes) e basicamente será o lugar onde me teña que partir a cabeza a probar os circuítos na Breadboard.
Outro bloque que potencialmente poda ser unha rompedura de cabeza_,_ esperemos que non, é o bloque de alimentación, necesito tensións negativas, alimentar o MCU, quitarlle ruído e o rizado as tensións no ADC… Aquí seguramente vaia tirar dos circuítos exemplos nos Datasheet mais dalgunha ferramenta online de deseño de Power Supplies.
Despois destes circuítos mais delicados ven algo mais sinxelo, un par de botóns, interruptores e ¿potenciómetros? a modo de interface conectados a portos GPIO e o bloque da pantalla OLED, que xa utilicei co STM32 en proxectos anteriores e vai ser un paseo de rosas por que é un modulo Plug-and-Play que dispón dunha libraría para facilitarme o chollo.
Isto vai ser todo por hoxe, nos próximos post entrarei mais en detalle nas distintas partes das que acabo de falar e faremos algún esquemático chulo no KiCAD.
Ata outra!