///Diario dunha cagada///
Dia 1:
Intentando deseñar unha tarxeta interfaz serial-ethernet algo saliume mal por que me chegou e non vai. So lle encendia o led de alimentación pero nada da parte de comunicación funciona, e mira que non tiven que pensar nada, soamente era copiar o deseño do fabricante e ordenar as cousas na placa. Non me vai quedar outra que revisar o esquematico, comparalo co orixinal do fabricante e ver se me esquecin dalgunha cousa, despois metereille man co osciloscopio e polimetro a ver que señales vexo diferentes entre unha placa que teño que funciona ben e a que fixen eu.
Dia 2:
A primeiro que fixen foi comparar meu esquematico co esquematico da web de WIZnet que usei para ir copiando, e atopo un erro de conectar uns pins a onde non debia, sin darme conta tirei os pines RSVD a GND (penso que se refire a Reserved) seica os hai que deixar flotantes por que teñen internamente uns pull-downs que activan e desactivan cousas¿? Tanto no datasheet como no foro da paxina web do fabricante pon que os deixemos sen conectar, polo que debin ter un arrebato de creatividade cando decidin conectalos a masa directamente.
O segundo que fixen foi comprobar que o integrado estivese do dereito, na orientación correcta, e que o cristal oscilador estivera ben colocado e os seus pines coincidisen entre o esquematico, huella e chip, todo isto correcto.
Por ultimo mirei alimentacións co polimetro, en principio todo ben, devolveme os 1,2V do regulador interno e chegan os 3v3 a todolos pines de alimentación, chegaba alimentaion aos leds do rj45 e ademais comporbei que o transformador interno para a comunicacion Ethernet e o mesmo ca o do schematico de WIZnet, todo isto a priori ben.
Como conclusion deste dia teño que decir que foi unha tarefa realmente tediosa, comprobar pines cunha punta de agulla do polimetro e revisar componente a componente entre o meu esquematico, o de WIZnet e a BOM do fabricante non é o que se dí divertido… Se hai alguen lendo vos recomendo facer esta tarefa con dous monitores, facilita ver dous esquematicos á vez e sobre todo vos recomendo non teorizar sobre problemas moi complexos de impedancias, campos magneticos, cross-talking, a maioria de problemas no primer prototipo veñen sendo de asignacion de pins entre o simbolo do esquematico e a huella, a orientación dun integrado, seleccion de valores de compoñentes pasivos, 10Ohm onde eran 10k ou 22pF onde eran 10uF.