Bosquexos EP.3
Operacionales HOW BEAUTIFUL YOU ARE, por que sí, estes aparatos son realmente utiles e se poden usar de mil maneiras distintas,nesta ocación os vou mostrar como se me ocorreu protexer a entrada do meu ADC cun cantos comparadores.
Despois de facer as redes de resistencias puxenme a pensar no seguinte: que teño que facer para que ao meu medidor de tension (que no meu caso é un ADC de 0V a 3,3V) solo lle chegue tensión dos divisores cando estea dentro do seu rango de medida (repito de 0 a 3,3V).
Pois din con isto UN COMPARADOR É moi intuitivo, Operacional compara a caida de tensión entre as suas paillas positiva e negativa, no caso de que a tension na patilla positiva sexa maior ca tension da patilla negativa, a sua saida sera igual á alimentacion positiva, e no caso contrario a saida será igual á alimentación negativa
Na imaxen se mostra o comportamento do circuito, no caso se que a tensión estea por debaixo dos 3,3V o mosfet recibira tensión positiva na sua porta e se abrira deixando pasar a corriente entre a saida do divisor de tension In_x1 e á entrada ao ADC_0, no caso de que a tensión supere os 3,3V pois o mosfet recibirá -5V e pechara.
Este circuito o podemos replicar facendo unha especia de array con varias entradas e saidas, se por exemplo o noso ADC ten varias entradas, cousa comun en uControladores actuais.
Para rematar debemos solucionar que o circuito discrimine tamen tensións menores ca 0, é igual de sinxelo co anterior, simplemente comparamos a entrada ca nosa referencia de 0V e poñemos o mosfet a continuación do anterior, ista posición dos mosfet funcionara como unha porta AND xa que para que deixar pasar a corrente fai falla que se cumplan as duas condicións (Vin < 3,3V AND Vin > 0V) O comprtamento final é o descrito nesta ultima grafica, ainda haberia que mirar moitas cousas, a caida de tension nos mosfet, a tension limite á entrada dos OPamps, os limites en tensión que ten a saida do OPamp… Pero cabe recordar que son bosquexos, ideas que nos poden axudar, despois de poñelas en practica, a ter un mellor deseño final.
Ata outra!