Bosquexos EP.2
Seguindo cos bocetos que fixen para un Voltimetro temos outra rede de resistencias para dividir a tensión de entrada. Na imaxen de abaixo vemos que funciona por etapas, onde cada unha das etapas é un divisor de tensión.
- A primeira etapa, de resistencia do mesmo valor (120k) ten unha relacion E1 -> Vout/Vin = 1/2
- A segunda etapa é identica a primeira E2 -> Vout/Vin = 1/2
- A terceira etapa utiliza resisistencias diferentes para consegui esa relacion de 1/10 respecto a Vin inicial E3 -> Vout/Vin = 1/4
Os valores das resistencias que se usan no circuito son valores standar da industria, neste caso do grupo E12:
1,0 | 1,2 | 1,5 | 1,8 | 2,2 | 2,7 | 3,3 | 3,9 | 4,8 | 5,6 | 6,8 | 8,2
Multiplicando polas potencia de 10 obtes todos os valores, kΩ, MΩ...Se vos é de interese os distribuidores de material electronico venden valores de resistencias non normalizados, ou series normalizadas con valores intermedios aos do E12 com poderia ser a E24, o podedes ver nesta tabla.
Vemonos na seguinte, seguramente mostre algo con elementos activos para acercarnos mais hacia un deseño mais completo.
Ata outra!