Proxecto: Fonte Buck con duas saídas
Isto que vemos aquí é unha fonte de alimentación DC-DC de baixa potencia que uso para alimentar micros e sensores a 5V ou 3,3V, podo seleccionar a saída que queira con dous jumpers SMD na parte de atrás, deste xeito se so teño tensións de entrada de 12 ou 24 voltios poso alimentar calquera cousa que consuma menos de 500mA cun deseño que apenas mide 25x10mm (menos area cunha moeda de 10 céntimos de euro).
No corazón desta placa temos o TPS54331, un controlador BUCK de Texas Instrument con switch integrado, vos deixo por aquí o datasheet, eu usei este por que en JLCPCB e parte da súa libraría de compoñentes sen coste adicional, e aforrábame uns cartos… Esta placa en particular non é parte de ningún deseño final, sérveme para facer prototipos, no momento que estou a deseñar algo final meto todo nunha sola placa, pero pódovos dicir que literalmente copio e pego o deseño desta nas grandes.
Neste repositorio tedes o deseño feito no Kicad 6.0